Estes próximos días celébrase un novo cumio europeo. Cumio que coma sempre centrará todos os seus esforzos no que chaman “recuperar a confianza dos mercados”. Mercados e institucións causantes desta situación de extremas dificultades que estamos a vivir.
Hoxe estase a gobernar a través da débeda pública. Unha débeda pública que ten unha das súas orixes na propia Unión Europea, que desde a firma do Tratado de Maastricht, obriga ós Estados a se financiar a través dos bancos privados, coa usura que iso supón. Unha Europa que da continuos pasos afastándose cada vez máis da democracia e a soberanía dos pobos, con novos e escuros Tratados coma o MEDE (Mecanismo de Estabilidade Financeira).