Archivo de la etiqueta: debate

II Foro Galego da Débeda

2foro

Cara onde imos coas políticas de recortes? De onde vén a débeda da que escoitamos falar? Como nos organizamos para defender os nosos dereitos contra a austeridade da troika?

O nodo galego da Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) tentará responder estas e outras preguntas o próximo día 25 de maio, sábado, no II Foro Galego da Débeda. A cita terá lugar durante todo o día, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21, no Centro Social do Castiñeiriño, en Compostela.

Desde a PACD, temos claro que todos os ataques que hoxe estamos a sufrir (recortes, desafiuzamentos, privatizacións, preferentes, etc.), teñen como cuestión de fondo á débeda. A débeda é empregada como xustificación das políticas de austeridade, que trasvasan de xeito imparable os fondos públicos a mans privadas.

Por iso, reclamamos o noso dereito a coñecer os detalles do proceso que nos trouxo a esta situación. Pretendemos entón levar a cabo unha auditoría da débeda, que permita determinar a situación real da mesma e esixir o impago da parte que sexa ilexítima, así como que os culpables desta situación asuman a súas responsabilidades.

Entendemos a auditoría como un mecanismo de empoderamento, que contribúa a recuperar a soberanía dos pobos a través de espazos de aprendizaxe e metodoloxía de democracia participativa, dotando á sociedade dunha ferramenta a través da cal loitar pola transparencia, a democracia e a xustiza social. Por iso, non aceptaremos ningunha auditoría que non sexa cidadá.

Neste contexto, e neste camiño que estamos aínda comezando a percorrer, que perseguimos con este foro?:

1) Seguir dando a coñecer o problema da débeda á sociedade, aclarar por qué esta palabra é tan trascendental nos nosos destinos. Para iso, trataremos de responder dúas preguntas sinxelas:
Por qué non debemos? (Mecanismo de xeración da débeda, por Marta Rodríguez)
Por qué non pagamos? (Consecuencias que ten o seu pagamento, por Carlos Taibo)

2) Que os distintos colectivos en loita visualicen como lles afecta a débeda e en que medida unha auditoría da mesma no seu sector podería resultar útil, de modo que o impago da débeda comece a facer parte das súas reivindicacións.

3) Avanzar no vencellamento de loitas, coa débeda como fío conductor. Pretendemos dar pasos para unha resposta social conxunta ás políticas de austeridade.

O Foro Galego da Débeda non pretende ser unha clase maxistral ou un conxunto de charlas, senón un espazo de contacto, de coñecemento e de debate colectivo. Desexamos que deste encontro saian propostas de futuro e de traballo conxunto.

Para isto, é vital a vosa participación, polo que vos animamos a vir ao II Foro Galego da Débeda.

E fagamos que o grito resoe cada vez con máis forza: NON DEBEMOS, NON PAGAMOS!

>>>>>>>>>>>>>>>>>> Evento en fb

Presentación de la Moción por la Auditoria Ciudadana de la Deuda en el Ayuntamiento de Alicante

Video del debate de la moción en el pleno del ayuntamiento d´Alacant, del pasado 26 de marzo. Dura algo más de 37 minutos, pero vale la pena verlo, en él, tanto PP, PSOE como UPyD se retratan, y la argumentación tan pobre que utilizan para rechazarla.
 
[youtube x-Ve1IP0_us]
 
La moción parece que va logrando algunos éxitos. Sigue leyendo