O 6 de outubro tivo lugar en Compostela unha reunión para tratar a creación dun nodo galego dentro da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda.
Nesa reunión, decidimos darnos uns meses para levar o tema ás diferentes comarcas na Galiza e volver a xuntarnos o 19 de xaneiro de 2013. A orde do día provisional está aquí.
Máis información:
- Data e hora: 19 de Xaneiro de 2013, de 10:30 a 14:00 horas.
- Lugar: Centro Sociocultural de Fontiñas, 1º andar.
- Dirección: Rúa de Berlín, 13, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.
- Localidade: Santiago de Compostela.
- Participantes: grupos comarcais, persoas individuais e colectivos cos que contacte cada comarca.
- Dinamiza: grupo da débeda de Compostela.
- Correo de contacto: auditoriagaliza@lists.riseup.net