Este pasado día 14 celebrouse o Cumio Europeo en Bruxelas, e como protesta á forma de gobernar antepoñendo a débeda ós intereses dos cidadáns, celebrouse en moitos pontos de Europa o denominado Contracumio, con accións coma esta de Ourense:
Sacamos unha faixa co lema «contracumioeuropeo 14 a 16 de marzo pola Europa das persoas e non dos mercados» e fixemos este sainete diante de dous bancos da Rúa do Paseo. Lemos o manifesto de xeito itinerante e repartimos 500 sobres co manifesto dentro.
NON DEBEMOS, NON PAGAMOS, CONTRA A EUROPA DOS MERCADOS