Encontro Auditoría Cidadá da Débeda en Santiago de Compostela

malosgobiernosO 6 de outubro tivo lugar en Compostela unha reunión para tratar a creación dun nodo galego dentro da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda.

Nesa reunión, decidimos darnos uns meses para levar o tema ás diferentes comarcas na Galiza e volver a xuntarnos o 19 de xaneiro de 2013. A orde do día provisional está aquí.

Máis información:

  • Data e hora: 19 de Xaneiro de 2013, de 10:30 a 14:00 horas.
  • Lugar: Centro Sociocultural de Fontiñas, 1º andar.
  • Dirección: Rúa de Berlín, 13, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.
  • Localidade: Santiago de Compostela.
  • Participantes: grupos comarcais, persoas individuais e colectivos cos que contacte cada comarca.
  • Dinamiza: grupo da débeda de Compostela.
  • Correo de contacto: auditoriagaliza@lists.riseup.net